Entradas

A RUTA DOS MUIÑOS!

Imagen
 O pasado mércores 14 de maio o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dunha saída moi completa! A primeira parada tivo lugar no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, alí visitamos o museo e o propio Dolmen. A seguinte parada foi no Castro de Borneiro, onde aproveitamos para merendar mentres disfrutamos do Castro e da paisaxe. Por último e dende o Castro, puxémonos en marcha e paseamos pola Ruta do Rego  dos Muíños, sen prisa pero sen pausa! Gozamos dun día espectacular xa que camiñar en plena natureza sempre senta xenial ao noso corpo e a nosa mente!

COMENDO RICO, COMENDO SAN!

Imagen
  No mes de abril tivemos unha visita dunha nutricionista para facer un obradoiro de hábitos de vida saudable,  no que os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de aprender un motón de cousas moi útiles para ter en conta no día a día. Achegarnos ao coñecemento dos alimentos e hábitos saudables para nós e ademais facelo dunha forma tan divertida, foi un auténtico pracer! Bo proveito!

CAMIÑANDO POLA VIDA E TAMÉN POLO MONTE!

Imagen
  No noso concello temos a sorte de poder gozar dunha contorna natural digna de admirar! O 7 de abril tocou visitar a Parroquia de Cances, concretamente o Monte  de Vilanova. Os nenos e as nenas de 4º de Educación Infantil camiñaron polo monte e ademais de mover o corpo en plena natureza, tiveron a oportunidade de investigar sobre a nosa flora e a nosa fauna. Ademais o tempo acompañou, xa que o ceo estaba completamente despexado e gozamos dun perfecto día asollado!

CARREIRA PEDESTRE!

Imagen
 Gran éxito do noso alumnado na carreira pedestre! 🏃‍♂️🏅 O deporte segue a ser protagonista no noso colexio! Recentemente, o noso alumnado participou nunha carreira pedestre de campo a través, un evento que reuniu a todos os colexios da zona nunha xornada chea de emoción, esforzo e espírito deportivo. Os nosos atletas deron o mellor de si en cada quilómetro do percorrido, demostrando unha enorme resistencia e paixón polo deporte. O traballo previo e a ilusión con que afrontaron esta proba deron os seus froitos, xa que gran parte do noso alumnado logrou clasificarse para a seguinte fase, que se celebrará en Porto do Son. Unha gran fazaña que nos enche de orgullo! Ademais dos magníficos resultados, a nosa delegación regresou con numerosas medallas, recoñecendo o esforzo individual e colectivo dos participantes. Pero, por riba de todo, quedamos coa experiencia vivida: unha xornada inesquecible onde reinou a deportividade, a amizade e a superación persoal. Parabéns a todos e todas! S...

LIGA DE BALONCESTO

Imagen
 Unha Liga de Baloncesto chea de emoción nos recreos! No noso colexio, a paixón polo baloncesto está máis viva ca nunca! Durante o mes de marzo, os recreos convertéronse nun auténtico espectáculo deportivo grazas á liga de baloncesto organizada co apoio do  Baloncesto Xiria. Esta iniciativa está a traer moita emoción e competitividade saudable entre o alumnado, que demostra día tras día a súa destreza e ilusión por este deporte. A competición estrutúrase en varios equipos formados por estudantes de diferentes cursos, que se enfrontan entre si en partidos moi disputados. Cada xornada está chea de xogadas espectaculares, canastras decisivas e, sobre todo, un gran espírito de compañeirismo e deportividade. Ademais, o club Xiria está a colaborar activamente, ofrecendo asesoramento técnico e fomentando valores fundamentais como o respecto, o traballo en equipo e o esforzo. Os recreos convertéronse nun punto de encontro para afeccionados e xogadores, creando un ambiente único no que...

COMENDO SAN PARA COMERNOS O MUNDO!

Imagen
  As nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil veñen á escola con  merendas moi  saborosas e sans!  Saben que así crecerán moi fortes e con enerxía e  ganas de comer o mundo a bocados!