CORRENDO POLA INCLUSIÓN, CORREMOS POR UN MUNDO MELLOR!
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, por ese motivo no noso cole celebramos por terceiro ano consecutivo a carreira ENKI! Non faltaron os obstáculos, o compañeirismo e sobre todo as risas! O alumnado e os profes gozamos dunha xornada inclusiva, lucindo os dorsais proporcionados pola Fundación ENKI coa que colaboramos, xa que é unha organización sen ánimo de lucro que ten a aspiración de construir unha sociedade mellor! Así que... CORRAMOS POLA INCLUSIÓN!