Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

A RUTA DOS MUIÑOS!

Imagen
 O pasado mércores 14 de maio o alumnado de 4º de Educación Primaria gozou dunha saída moi completa! A primeira parada tivo lugar no Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate, alí visitamos o museo e o propio Dolmen. A seguinte parada foi no Castro de Borneiro, onde aproveitamos para merendar mentres disfrutamos do Castro e da paisaxe. Por último e dende o Castro, puxémonos en marcha e paseamos pola Ruta do Rego  dos Muíños, sen prisa pero sen pausa! Gozamos dun día espectacular xa que camiñar en plena natureza sempre senta xenial ao noso corpo e a nosa mente!

COMENDO RICO, COMENDO SAN!

Imagen
  No mes de abril tivemos unha visita dunha nutricionista para facer un obradoiro de hábitos de vida saudable,  no que os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de aprender un motón de cousas moi útiles para ter en conta no día a día. Achegarnos ao coñecemento dos alimentos e hábitos saudables para nós e ademais facelo dunha forma tan divertida, foi un auténtico pracer! Bo proveito!

CAMIÑANDO POLA VIDA E TAMÉN POLO MONTE!

Imagen
  No noso concello temos a sorte de poder gozar dunha contorna natural digna de admirar! O 7 de abril tocou visitar a Parroquia de Cances, concretamente o Monte  de Vilanova. Os nenos e as nenas de 4º de Educación Infantil camiñaron polo monte e ademais de mover o corpo en plena natureza, tiveron a oportunidade de investigar sobre a nosa flora e a nosa fauna. Ademais o tempo acompañou, xa que o ceo estaba completamente despexado e gozamos dun perfecto día asollado!