DESCOBRE, MÓVETE, XOGA!
O pasado venres 15 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, tiveron a sorte de visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), que se atopa moi preto do noso concello, concretamente no municipio de Ponteceso.
Tiveron a oportunidade de coñecer xogos e deportes tradicionais galegos, doutras comuninades autónomas e doutros países.
Tamén puideron descubrir a evolución histórica dos xogos e dos deportes, dende a prehistoria ata a actualidade.
Pero sen dúbida, o mellor da xornada foi... XOGAR!
Nin as profes, nin os rapaces e rapazas malgastaron a oportunidade de probar e experimentar os diferentes xogos e deportes.
Esta visita foi un bo exemplo de que aprender é divertido!

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario