No mes de setembro as Escolas de Balonmán Xiria visitaron o noso centro, tendo así a oportunidade de desfrutar, coñecer e achegarnos máis a este deporte en equipo!
Algún neno ou algunha nena quedaría con ganas de máis?
As nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil veñen á escola con merendas moi saborosas e sans! Saben que así crecerán moi fortes e con enerxía e ganas de comer o mundo a bocados!
No mes de abril tivemos unha visita dunha nutricionista para facer un obradoiro de hábitos de vida saudable, no que os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de aprender un motón de cousas moi útiles para ter en conta no día a día. Achegarnos ao coñecemento dos alimentos e hábitos saudables para nós e ademais facelo dunha forma tan divertida, foi un auténtico pracer! Bo proveito!
Unha Liga de Baloncesto chea de emoción nos recreos! No noso colexio, a paixón polo baloncesto está máis viva ca nunca! Durante o mes de marzo, os recreos convertéronse nun auténtico espectáculo deportivo grazas á liga de baloncesto organizada co apoio do Baloncesto Xiria. Esta iniciativa está a traer moita emoción e competitividade saudable entre o alumnado, que demostra día tras día a súa destreza e ilusión por este deporte. A competición estrutúrase en varios equipos formados por estudantes de diferentes cursos, que se enfrontan entre si en partidos moi disputados. Cada xornada está chea de xogadas espectaculares, canastras decisivas e, sobre todo, un gran espírito de compañeirismo e deportividade. Ademais, o club Xiria está a colaborar activamente, ofrecendo asesoramento técnico e fomentando valores fundamentais como o respecto, o traballo en equipo e o esforzo. Os recreos convertéronse nun punto de encontro para afeccionados e xogadores, creando un ambiente único no que...
Comentarios
Publicar un comentario